4º EP: Campionato Internacional Benxamín de Minibasket

 

O sábado 4 de maio disputouse nas instalacións do Colexio Salesianos de Vigo o III Torneo Internacional de Minibasket onde participaron as nosas xogadoras (algunhas novas) de 4º de E.P.

 A pesares de ser un campionato preferentemente lúdico todos os equipos tomaron a súa participación con moita expectación.

As xogadoras do Colexio Andersen comezaron o seu primer partido contra un experimentado 6 do nadal. O segundo, contra PBB, obtendo un moi bo resultado. No terceiro partido contra o Colexio Maristas chegou a victoria para as rapazas do Colexio destacando o bo xogo que fixeron gala neste partido, que pechaba a participación do Colexio Andersen  neste campionato. Tamén é de resaltar a boa participación das nosa rapazas no campionato de tiro, onde estivemos a piques de xogar a final.

Pero o máis destacado foi a ilusión da que fixeron gala as nosas xogadoras, pasando unha xornada de moitas vivencias deportivas.

Podes ver a reportaxe fotográfica.