O Colexio Andersen empezou a súa andaina no ano 1969 na zona de Balaídos e, posteriormente, no ano 1977 trasladouse ao seu emprazamento actual na parroquia de Valadares. Este ano celebramos o noso 50 aniversario.

A Corporación Municipal, como recoñecemento á nosa longa traxectoria e facer profesional no ámbito formativo, educativo e social, nomeounos VIGUESES DISTINGUIDOS.

O profesorado e persoal non docente así como este equipo directivo desexan mostrar publicamente o seu agradecemento ás persoas, familias, colectivos e institucións que apoiaron a nosa candidatura e que  confiaron e seguen confiando  no noso proxecto educativo ao longo destes 50 anos de compromiso coa educación e a sociedade viguesa.

O noso traballo, desenvolvido ao longo deste tempo, supón unha gran satisfacción profesional, social e  persoal ao ter contribuído ao desenvolvemento de individuos autónomos e socialmente responsables coa súa contorna e conscientes da importancia de que o seu propio esforzo e as súas decisións teñen no seu desenvolvemento persoal e no progreso da sociedade.

Aproveitamos a ocasión para felicitar ás outras personalidades e institucións que igualmente comparten con nós esta distinción.

Queremos tamén agradecer á Corporación Municipal esta distinción e desexamos seguir contribuíndo ao desenvolvemento da nosa sociedade a través do noso traballo no mundo da educación.

Coa esperanza de seguir crecendo xuntos e de seguir compartindo as mesmas ilusións coas  que empezou este proxecto,  recibide un cordial saúdo,

 

                                                 Colexio Andersen