Contos do medio

O pasado día 27 de Maio, viñeron a contarnos un conto sobre un parruliño que por culpa do cambio climático tivo que emigrar a Portugal. O pasamos moi ben e aprendemos moitas cousas sobre a nosa fauna e flora!

Visita ao Marco

O pasado día 21 de maio fumos de visita ao MARCO, e alí vimos a exposición "Paixón e cálculo" do pintor Francisco Mantecón.

Entroido en 1º de Primaria

Este Entroido 2015 en 1ºde E.P. pasámolo moi ben! Tanto o xoves, disfrazados de “batman e catwoman” xa que son uns dos nosos superheroes preferidos, como o venres, porque viñemos moi guapos e guapas cos nosos disfraces favoritos.

O esquío Rampante

Este luns 23 de Febreiro viñeron a visitarnos ao cole dous homes, un deles é escritor e o outro ilustrador, contáronnos o conto do “Esquío Rampante” e ao mesmo tempo axudáronnos a debuxar a unha gata meiga. Foi moi interesante!

Cantar e Bailar

O pasado luns 9 de Febreiro viñeron a visitarnos ao cole dous homes, que nos ensinaron danzas e instrumentos tradicionais galegos como a pandeireta, a gaita,... que xa coñecíamos, pero tamén aprendemos algúns novos como o bouzouki, un instrumento moi bonito que axudounos a pasalo moi ben.